O Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, parabeniza ao P.G.-Partido Galeguista por retomar a via truncada na anterior convocatoria eleitoral á Xunta para o pasado #5A. O comunicado tirado nas redes sociais polo Partido Galeguista histórico é unha mostra do camiño que todas as forzas políticas con centro de decisión en Galicia deberiamos tomar nestes momentos marcados pola crise da Covid-19. A nosa vontade segue a ser a mesma que na anterior convocatoria e mais agora do que antes, é xa unha necesidade vital para Galicia.

Indica Piñeiro Docampo que Compromiso por Galicia segue aberto a formar unha candidatura de país ampla, co galeguismo como eixo central e con Galicia como programa, pero non esa “Galicia, Galicia y Galicia” que di defender Feijoó, senón que a verdadeira Galicia, a do sentimento e a do dono dunha pequena empresa.

Desde a secretaria xeral da formación galeguista, Piñeiro Docampo, chama novamente a tentar chegar a unha grande fronte eleitoral no espazo do galeguismo e da moderación, sen extremismos que non conducen máis que aos enfrentamentos na sociedade. Indica Piñeiro Docampo que “chegou o tempo de meter a Galicia no plano da política real” e neste sentido dixo tamén que “O galeguismo ten que activar agora toda a súa forza e o seu pulo histórico, para dar ao pobo galego unha alternativa a uns gobernos que non lle fan nada ben a Galicia”.