Sylvie Brunet. Europa e a crise da Covid-19: «As Rexións son o interlocutor bo».

UNHA ENTREVISTA DE LAURENCE BOTTERO /  15.04.2020

 

Apoiar a economía en todas as súas compoñentes, suavizar as regras habituais para permitir unha resposta rápida e orientada ás necesidades, acelerar o acceso a fondos mobilizados expresamente… Para a eurodeputada do Partido Demócrata Europeo EDP-PDE, orixinaria de Bouches-du-Rhône, especialista en cuestións de emprego, as Rexións son os interlocutores ideais para levar a cabo a misión de axuda o máis preto posible da realidade. Efectivamente, esta é unha das cuestións esenciais da crise actual. E exactamente o tema da sesión prevista para o 16 de abril no Parlamento.

Escoitamos moito sobre a necesidade dunha resposta europea á crise. Ás veces en ton afirmativo, outras en interrogativo, o tema trouxo moito debate, especialmente nos medios de comunicación. En realidade, «todos os países membros non se viron afectados pola pandemia, nen na mesma maneira, nen ao mesmo tempo«, explica Sylvie Brunet, outra forma de dicir que é difícil chegar a un consenso cando os membros da UE non se enfrontan ao mesmo problema. Lembrando tamén que «As competencias sobre sanidade na Europa non están no cerne da axenda das competencias europeas«, pero que, certamente, a crise actual, descoñecida pola súa forma e polas súas consecuencias, podería ser un factor para trocar estas regras de xogo.

Comunidades e empresas financeiras.

A eurodeputada Sylvie Brunet do Partido Demócrata Europeo EDP-PDE polo grupo Modem (Movemento Democrático) que forma parte da maioría presidencial na Franza, lémbranos como as respostas da Unión Europea foran “in crescendo”. Primeiro co anuncio do plan para mercar tanto débedas públicas como privadas de ata 750.000 millóns de euros, o que, localmente, «permite que as comunidades sigan financiando e que as empresas poidan pedir prestado aos bancos a tarifas razoables. «A continuación, elevouse a restrición orzamentaria e a regra do déficit- «que xa non se podía manter de todos os xeitos» – e o 26 de marzo, 37.000 millóns de euros inxectáronse a través dun fondo, incluído 6500 millóns de euros destinados a Franza, dedicados ao financiamento de sectores sensíbeis como a saúde, as asociacións, as empresas e os autónomos.

A crise da Covid-19 obviamente cambiou as regras. «Imos relaxar as regras«, reitera Sylvie Brunet. En particular, o co-financiamento, que é a regra absoluta para reclamar financiamento de Europa, deixará de ser obrigatorio. Poderá haber financiamento ao 100% por Europa. Unha pequena revolución na práctica habitual. «Hai que facelo máis flexíbel«, insiste Sylvie Brunet. Quen tamén di que moitas veces o peso da burocracia é máis francesa que europea…

É neste contexto que entra en marcha a ferramenta SURE, un acrónimo tranquilizador, que significa “Support to mitigate Unemployment Risk in Europe”; um fondo destinado a ser temporal e destinado a financiar as necesidades dos Estados.

Se a nivel de toda Franza o desemprego parcial debería custar 20.000 millóns de euros, na rexión da Provenza-Alpes Côte d’Azur, xérase un financiamento de 5830 millóns de euros, converténdose o sur na terceira rexión máis afectada.

O reto de FEAD.

Na reunión marcada para os dias 16 e 17 de Abril – en condicións de confinamento – o Parlamento Europeo debería votar sobre un conxunto de medidas técnicas. Pero é o Fondo de axuda aos máis desfavorecidos, o FEAD, o que leva un tema central no debate, o da subministración de diñeiro directamente a aqueles que sofren pobreza. As asociacións, todo o tecido asociativo, son quen están no corazón do proceso. «Este fondo publícase en forma de bonos e vales«, afirma Sylvie Brunet, que tamén recorda o papel da resposta local, esencial nesta configuración. «O obxectivo é garantir que estes fondos sexan traídos ás rexións dirixíndose onde a necesidade sexa máis urxente«. En Menton, os refuxiados seguen chegando, «e seguimos a non nos importarnos por eles«.

A Rexión, parella ideal.

Na distribución de fondos está moi presente o concepto de territorio. Imprescindíbel aínda que sexa cara a onde naceu a necesidade que se debe dirixir a dotación financeira. Como líder na economía, as Rexións son un elo clave nesta cadea. Na Provence Alpes Côte d’Azur, coñecemos ben Europa. Non se lembrará que o presidente do Sur, Renaud Muselier é, por suposto, un ex-eurodiputado, pero sobre todo un europeísta convencido. Déixalle seguir instando aos actores económicos a «usar Europa«. Está ben, Sylvie Brunet e Renaud Muselier coñécense ben. De feito, «as Rexións son o interlocutor adecuado, é importante colaborar xuntos. Hai un verdadeiro traballo de coordinación«.

O que pode ser útil, ademais, noutro asunto principal, agravado pola crise, o da recolocación industrial. Isto pódese e debese prever a escala europea. E aí tamén, é concreto. O que quizais tamén cambie a percepción da Unión Europea.

 

Orixinal no xornal “La Tribune”.

https://marseille.latribune.fr/economie/2020-04-15/sylvie-brunet-l-europe-et-la-crise-les-regions-sont-le-bon-interlocuteur-845259.html