Compromiso por Galicia, En Marea e Partido Galeguista sumamos as forzas para ofrecer unha solución galega e desde Galicia á crise social e económica que temos por diante por mor da pandemia mundial da Covid-19.

Como eixos fundamentais do novo acordo para traer de volta ao galeguismo ao centro da acción política no noso País a coalición “Marea Galeguista” desde unha perspectiva de progreso, europeista e internacionalista e que ten no sostemento das políticas socias e no cambio de modelo cara unha sociedade máis sustentábel e feminista.

Unha nova forza transformadora, moderna e transversal. Unha forza que rescatamos do torrente modernizador, de vangarda transformadora e da defensa da democracia e dos valores do humanismo dos vellos galeguistas como aqueles que formaran o Partido Galeguista de Daniel Castelao, Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, María Miramontes, Elvira Bao, Johan Carballeira, Ermita López Verdes, Suárez Picallo, Amalia Álvarez, Plácido Castro, Ramón Otero Pedrayo, Xaime Quintanilla, Ramón Martínez López e tantas e tantos outros patriotas que, tamén, sementaron co seu sangue o compromiso definitivo coa nosa Terra.

.