O día 26 de marzo pasado celebrouse, por vídeo conferencia, un cumio europeo,. ao final do mesmo e sen acordo os dirixentes europeos déronse quince días para resolver o desafío a causa da COVID-19, máis flotaba unha pregunta no ar: A crise desencadeada pola COVID-19 pode ser moi mala para a Unión Europea ou, pola contra, esta pandemia é o remedio para consolidar a unión?

A Liga Hanseática, con orixe comercial no século XIII, que reúne aos anglosaxóns aos escandinavos, aos países baixos e aos bálticos sigue na súa rota de libre comercio e que é prexudicial para os países dos sur de Europa. Os Países Baixos organizaron unha fiscalidade para que as grandes empresas fixen a súa sede europea ali, por iso non podemos considerar que estean exentos a hora de falar de solidariedade.

Pola outra banda Alemaña cunha forte presenza do frugalismo (teoría nacida nos USA que propón a xubilación cedo , arredor do 40 anos, e logo vivir de rendas) sigue empeñada no déficit cero.

Con estes vimbias é posible facer unha boa cesta?

Estamos fartos de oir e ler, tódolos días, que esta pandemia non coñece de fronteiras, que é un problema mundial, que case non queda ningún país no mundo que nos sufra esta pandemia. Aínda así e todo en Europa estanse dando pasos, e aínda que pequenos coma o respaldo do BCE con programa de recompra de débeda de 750.000 millóns é moi importante para dar unha resposta rápida aos países, nomeadamente Italia, España e Francia, que están desenvolvendo programas de loita contra a COVID-19 e que tanto reflexo teñen na súa economía, e polo tanto na europea.

Tamén o Parlamento Europeo, na reunión que fixeron a distancia, o día 26 de marzo aprobou, case por unanimidade, varias cousa, entre elas o plan de axuda de 37.000 millón de euros para países en desenvolvemento, nomeadamente os africanos e autorizou o uso do Fondo de Solidariedade da UE, que estaba previsto para catástrofes naturais.

Esta crise sanitaria non vai ser a última que coñezamos, aínda non temos arranxado a crise do medio ambiente pero debemos esforzarnos en saír dende arriba. Sabemos que estamos no medio da cicloxénese máis non debemos de perder o rumbo da Unión Europea. Esta crise vainos a valer para reinventar o xeito de traballar en Europa. Vemos que as conciencias están espertando, que a economía europea parouse de hoxe para mañá e quere solucións europeas.

A crise COVID-19 ten que levar ao dirixentes europeos a cambiar de chip para poñer na práctica unha verdadeira solidariedade. Hai quen di que Europa se constrúe e se reforza con crise, pois agora estamos todas e todos no mesmo barco, é o intre da demostración da solidariedade e crer na intelixencia colectiva. É a hora de poñer en marcha os coronavirus, a loita non pode estar limitada á débeda de un estado, e facer un plan de recuperación da economía europea. este non é o conto da cigarra e a formiga por iso nestas circunstancias excepcionais deben incitar aos dirixentes europeos a senta, o máis axiña posible, as bases dunha nova cohesión.

Neste contexto tamén e fundamental o apoio ao europeo ao sector primario, tanto a pesca como a agricultura son fundamentais neste contexto, estamos vendo como baixan os prezos en lonxa do peixe e como a Galicia están chegando camións con leite de fóra o que provoca caída dos prezos dos nosos agricultores que ao fin e ao cabo son, entre outros, quen nos están coidando de nós nestes momentos de confinamento.

Xa hai movementos en tódolos países remisos á emisión de coronabonos para que os seus gobernos modifiquen a súa postura e practiquen unha nova política europea de solidariedade. A economía é unha ciencia «branda», sempre acerta a tempo pasado, e non pode asegurar que estados van a salvar a súa economía porque cunha economía europea desfeita os «salvados» a quen lle van vender os seus produtos.

A forza de toda a cidadanía europea forzando aos dirixentes a que cambien o xeito de actuar é fundamental nestes intres. Vimbias hai e a cesta vai ser boa.

Andrés Núñez Rajoy

Secretario de Relacións Internacionais de CxG.