COMPROMETE CON NÓS! COMPROMISO POR GALICIA

PODES FACER A TÚA ACHEGA POR TRANSFERENCIA BANCARIA AO NÚMERO DE
CONTA:ES05 2080 0300 8930 4015 3068

 

Quen poden doar?
Poden doar todas as persoas físicas suxeitas a un NIE ou a un DNI.

Existe unha cantidade mínima en cada achega?
Nesta ocasión e para que a tua doazón chegue ata nós e non quede con ela o banco, a achega mínima que podes doar é de 5€.

Cada canto tempo podo facer unha achegar?
Podes facer as túas achegas cando e sempre que queiras, lembra sempre que o máximo legal por persoa e ano é de 50.000€ e a achega mínima marcada de 5€.

A que están destinadas as miñas doazóns?
A soster o proxecto galeguista e a facer realidade as nosas ideas que podes consultar na nosa tese política e nos nosos programas electorais e nas diversas propostas concretas que levamos formulados en máis de 8 anos de traballo.

Quen garante o correcto uso das miñas doazóns?
Toda achega feita leva a correspondente fiscalización interna polo noso Consello Nacional e Comisión de Garantías, para alén por suposto á correspondente fiscalización pola administración correspondente e de Facenda.

Teño algún beneficio fiscal polas miñas achegas?
Segundo a lei actual, as contribucións a sindicatos e partidos políticos desgravan na tua declaración de IRPF tendo este beneficio fiscal.

Como demostro ante facenda o importe das miñas achegas?
Non te preocupes! Con anterioridade ao comezo da campaña de recadación da renda, enviaremos á túa caixa de correo electrónico un certificado fiscal. Lembrarte que o limite legal actual de dedución é do 10% da base liquidábel.

Para mais información, dúbidas sobre o proceso e outras consulta podes contactar de xeito directo coa Secretaria Nacional de Finanzas no email: finanzas@compromiso.gal

Os datos xeran xestionados por Compromiso por Galicia, podes consultar na nosa web a protección de datos de carácter persoal e xestionar o seu acceso, cancelación ou modificación a través do email: info@compromiso.gal