Antes do máis, desde Compromiso por Galicia queremos enviar as nosas máis profundas condolencias ás familias das persoas falecidas ás que acompañamos na súa perda e no sentimento.

 

Unha vez pasado xa o peor da primeira das partes desta crise sanitaria, que en Galicia non rematou tendo muita incidencia na poboación en xeral, se ben, esta si que afectou de xeito moi grave aos maiores residentes nos centros propiedade de “Domus Vi”, queremos lanzar as nosas gratitudes a todas aquelas persoas que estiveran nos peores momentos da crise sanitaria, dando sen duvidalo o mellor de si mesmas.

Os galeguistas ofrecemos as nosas máis grandes gratitudes a todos aqueles profesionais que durante o máis duro da pandemia estiveran en primeira liña; desde os profesionais sanitarios, enfermeiria, medicina interna, radioloxia, equipos Uci,.. pasando polos transportistas que axudaran a manter a cadea loxística evitando o desabastecemento, aos taxitas que amosaron o porque o seu oficio é servizo público, aos equipos de limpeza que responderan rapidamente ás novas demandas de hixienización e limpeza e tamén por suposto, a todas aquelas persoas do sector da alimentación e minoristas, que nos días máis grises de Abril seguiron abrindo as suas portas.

 

Na mesma, non podemos deixar de mencionar ás forzas e corpos de seguridade que axudaran a facer efectivas as medidas de confinamento e por suposto, ao Exército Español que interviu e dispuxo dos medios de forma solidaria para unha mellor xestión, en momentos dunha tremenda emerxencia sanitaria.

 

Por último, agradecemos ao conxunto da cidadanía galega o seu civismo e a sua calma nuns momentos de extrema gravidade para a nosa sociedade. Desde Compromiso agora non podemos máis do que enviar todos os nosos azos para aquelas pequenas empresas, persoas do rexime de autónomos, traballadores,… que nestes tempos imos ter que apretar bem forte os dentes e ofrecemoslles as nosas canles políticas para trasladar as suas demandas a aqueles centros de decisión a nível municipal, autonómico, estatal ou europeo.