O Consello Nacional (CN) é o máximo órgano entre congresos, formado paritariamente por vinte homes e vinte mulleres. A estos temos que engadir os responsábeis escollidos pola organización nos territorios locais e comarcais do partido e as persoas electas como Coordinadores Territoriais.

O Consello Nacional ten o encargo do cumprimento e do desenvolvemento das liñas políticas marcadas polo Congreso Nacional. A Mesa do Consello Nacional é rotatoria e está formada por un mínimo de tres persoas, designadas pola Secretaria Xeral e que moderan os debates e xestionan as votacións. Se non o tes claro, o Consello Nacional sería como o noso Parlamento.

Calquera militante de CxG pode presentar libremente a súa candidatura ao CN nos Congresos Nacionais, sendo os seus membros elixidos polo conxunto da militancia en lista aberta e votación secreta.

Por decisión de 2/3 dos membros do Consello Nacional de CxG, ou a proposta da Presidencia poderanse convidar e/ou incorporar a este órgano outras persoas, que poderán participar nas deliberacións con voz pero sen voto. As deliberacións do CN serán reservadas e levantarase acta dos acordos tomados.

O Consello Nacional está composto segundo o artigo 3.3.3 dos Estatutos por:

40 persoas elixidas polo Congreso Nacional, sumándose ademais ao mesmo: a Secretaría Xeral, as Coordinacións Comarcais e Territoriais, as Secretarías Locais, un membro representante da MNG, o valedor da afiliación, a Secretaría Técnica e os Alcaldes ou Alcaldesas de Compromiso por Galicia.