ESTES FONDOS SON UNHA OPORTUNIDADE PARA UN DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DE ACCIÓNS QUE XEREN RIQUEZA A MEDIO PRAZO.

Sorprende que falando de opcións e proxectos de carácter europeo non se aproveiten as sinerxías entre Galicia e Portugal. Buscando proxectos transfronteirizos que supoñan intercambio e emprego, “en contraposición pola aposta do goberno central e do PSOE polo corredor do Mediterraneo, coa calada do PSdG, a Xunta está na obriga de traballar con Portugal, para facer escoitar a nosa voz en Europa”, manifestou Piñeiro Docampo, secretario xeral do Galeguistas que lembrou o acto conxunto que fixeron CxG e o Partido Democrata Republicano de Portugal, xa no pasado Xullo, solicitando o uso dos fondos europeos na construcción dunha liña de tren de alta velocidade para conectar todo o eixo atlántico. 

https://ominho.pt/pdr-defende-ligacao-imediata-da-alta-velocidade-entre-as-cidades-do-porto-e-vigo/

Desde Compromiso por Galicia entendemos que este pode ser un efecto diferenciado á hora de acceder a máis fondos de recuperación é consideramos un erro que dende a Xunta non se teñan posto xa a artellar estas medidas; ollando claramente cara a Madrid; cando temos opcións de colaboración directa cun Estado europeo.

Ficou claro na pandemia e no confinamento a importancia económica para os galegos e galegas, para o noso tecido empresarial, para o emprego, para a riqueza, da nosa relación con Portugal, motivo suficiente para reactivar pontes e volver a darlle contido a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, que foi vítima no seu día do bipartito entre PSOE e BNG que a baleiraron de contido.