Os galeguistas solicitamos ante a extraordinaria situación de pandemia mundial e os problemas do rápido contaxio da Covid-19 unha serie de medidas para intentar mitigar e reducir as posíbeis consecuencias sanitarias e na saúde do lexítimo exercicio do dereito ao voto.

Neste senso a proposta estaria primeiramente en reducir o número de persoas censadas en cada unha das mesas, reducindo a un máximo de 200 persoas por mesa. Esta medida suporia a ampliación e inclusive a división nun maior número de distritos e seccións censais dos colexios eleitorais, reducindo deste xeito as posíbeis aglomeracións nos centros de votación.

Asi mesmo, neste mesmo sentido de garantir o direito ao voto dentro das mellores condicións sanitarias posíbeis solicitamos tamén unha ampliación do horario de votación da xornada eleitoral, sendo este de 08:00 a 22:00 e posibilitando desta maneira un maior reparto nas distintas franxas horarias da frecuencia da asistencia aos colexios eleitorais.

Neste sentido, temos tamén por imprescindíbel para o mellor acontecer da xornada eleitoral, a necesidade de dotar aos membros das mesas eleitorais dos correspondentes Epi´s (Equipos de protección individuais) xa que van a estar expostos durante todo o dia a un contacto persoal elevado. Asi mesmo das medidas de distanciamento devidamente sinaladas nos colexios eleitorais e dispensadores de xel na entrada dos mesmos.

Por último expresamos a nosa preocupación na construcción dunha alternativa galeguista e europeísta que exprese a vontade do pobo galego ante os novos retos aos que todos nós nos enfrontamos nesta crise da Covid-19. É por isto que é hoxe necesario sumar esforzos e ampliar a base do galeguismo, neste momentos nos que podemos vivir unha dura involución democrática e unha forte recentralización das nosas competencias autonómicas, que tan duramente fomos conseguindo nas últimas décadas no camiño cara o noso autogoberno.