O Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, deu conta do resultado do proceso que tras pasar pola Executiva Nacional e o Consello Nacional dos galeguistas en días pasados chegou hoxe a toda a afiliación. Foi esta unha xornada eleitoral marcada polo estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria ante a pandemia mundial da Covid-19 e que foi resolta a través de ferramentas telemáticas.

 

O resultado final deitou unha amplisima maioria a favor da pregunta que se lanzou ao conxunto da afilición “Estás, como afiliado/a de CxG, a favor dunha coalición eleitoral ampla de forzas galegas para as eleccións galegas do 12 de Xullo?”. Un total do 81% da afiliación que votou, foi a favor de que Compromiso por Galicia concorra conxuntamente nunha coalición de forzas galeguistas.

 

Indica Piñeiro Docampo que “Compromiso por Galicia segue aberto a formar unha candidatura de país ampla, onde entremos todos os que teñamos o galeguismo como eixo central e a Galicia como programa e no sentimento” Neste sentido continuou: “nós desde Compromiso seguimos na nosa teima de achegar unha resposta de País para as múltiples inquedanzas que destes momentos está a xente a ter, ante un futuro incerto e moitas vezes que se nos amosa desolador, desde logo está resposta non vai vir dos partidos que son altofalantes das súas sedes de Madrid”.

 

Desde a secretaria xeral da formación galeguista, Piñeiro Docampo, indica que Compromiso por Galicia vai facer todo o posible por chegar a unha solución ampla e galeguista para resolver os problemas que a crise da Covid-19 está a deixar sentir xa no noso País. Neste sentido avanzou as conversas con diversas forzas políticas e actores sociais que levan tentando axuntar desde o Xaneiro de 2019, desde que CxG fixera pública a súa proposta de Roga galega.